QUEN SOMOS

O restaurante Casa do Tella e Rosalía está situado no porto de Portosín nunha construcción de 1860 que nos seu inicio adicábase a fabrica de salazón e vivenda.
O nome da casa quere recordar aos antigos propietarios, o Tella (Manuel Lorenzo Carleos), de oficio mariñeiro, e súa dona, Rosalía Aguirre Lopéz, filla de emigrantes vascos afincados na parroquia de Goians (Portosín). Despoís do seu casamento, o Tella emigrou ao Brasil arredor dos anos 30 co fin de comprar a casa e criar a seus 13 fillos e comezar a súa andadura como armador co barco “Vamos Indo”, convertíndose nunha das naves con máis capturas da época.
Durante a estancia no Brasil, o Tella tatuouse unha áncora e un rosal na honra da súa dona que hoxe recollemos como imaxen e símbolo da nosa casa.
Na actualidade os seus netos, Juan Mendéz Lorenzo e Monse Santos Lorenzo, decidiron en sociedad abrir a casa ao público, conservando algúns dos elementos que recordan os usos e costumes do momento, como o forno da abuela, os restos das pías de salazón no xardín e a pedra á vista das paredes.
A decoración quere facer un guiño a tradición mariñeira da familia e do seu entorno.